Direcció: Rúa do Villar 35 Piso 1º
Població: Santiago de Compostela
C.P.: 15705
Telèfon: 981 581 572; 981 581 111
Fax: 981 581 987
E-Mail: centro.dramatico.galegoxunta.es
Web: http://www.igaem.xunta.es
Detalls
Unidade de produción teatral adscrita á Xunta de Galicia, o Centro Dramático Galego comezou a súa traxectoria en 1984 co obxectivo de contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Dende entón, o CDG vén desenvolvendo un constante traballo de produción e distribución de espectáculos teatrais, con máis de 65 producións e coproducións estreadas.
Foi en 1991 cando a compañía pública se presentou diante dos espectadores como centro de produción do IGAEM. A súa adscrición a este organismo da Consellaría de Cultura e Deporte facilitou a consolidación do teatro institucional como un proxecto complementario e harmónico respecto do resto da escena galega.
Nestes máis de 20 anos de historia as principais liñas de programación do Centro, cunha media de tres producións por temporada, apuntaron cara a varias direccións. Estas son, entre outras:
Recuperación dos nosos autores fundamentais
Presenza dos dramaturgos galegos contemporáneos
Incorporación á escena galega de grandes nomes da literatura dramática universal de todos os tempos
Promoción do teatro infantil
Proxección exterior do noso teatro
O sistema habitual de funcionamento da compañía é o concurso dun director de escena convidado. Ademais, contrátanse o elenco interpretativo e o equipo artístico conforme as necesidades de cada unha das producións. Nelas involúcrase un equipo técnico do IGAEM -talleres, son e iluminación, estrutura escénica, tremoeiros, xastres...-.
O CDG encárgase así mesmo da xestión do Salón Teatro de Santiago. Este é o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia. Nel, a compañía pública vén desenvolvendo dende 1999 un amplo período de representacións con cada un dos seus espectáculos.
Espectacles
Nau de Amores
A Comedia do Gurgullo
O Mariscal
O Bufón de El Rey
Lisístarata ou de cando as mulleres reviraron
As laranxas máis larnaxas de todas as laranxas
A burla do galo
Valdemuller